O pasado 25 de Novembro, un grupo de alumnas de 3º ESO-A agasalláronnos cun recital poético en galego no marco da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia de xénero.
Durante a preparación da
actividade, as alumnas puideron reflexionar sobre a importancia de ter presente
esta realidade e de educar en igualdade para ser quen de erradicar esta lacra.
Alén diso, foron partícipes da organización da actividade así coma da elección dos poemas . Os elixidos para esta ocasión foron tres.
O primeiro deles, “Mulleres”, de Luis García Montero, unha traducción do
seu poema “Mujeres” . O autor puido ler o resultado en lingua galega e
amosounos o seu agradecemento . Tamén as alumnas participaron desta interlocución
co poeta. Estamos polo tanto profundamente agradecidas pola súa afectuosa disposición,
Os seguintes poemas, “Camiñan descalzas polas rochas” de Ana Romaní e “Olas e ondas rendidas e nacendo” de Xohana Torres.
Parabéns para as nosas alumnas, polo compromiso e responsabilidade amosados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.