viernes, 26 de mayo de 2023
PARTICIPACIÓN DE BERTA MOLDES E XULIA TEIXEIRA NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS "BEN VEÑAS MAIO" 2023
O pasado 13 de Maio, as alumnas Berta Moldes (3º ESO) e Xulia Teixeira (2ºESO) participaron no acto de celebración de entrega dos premios "Ben veñas Maio" 2023.
As alumnas realizaron unha magnífica interpretación vocal e coreográfica do tema "Cada noite", con texto de Rosalía.
A peza interpretada foi un arranxo sobre a obra do mesmo nome de Maximino Zumalave preparado pola súa profesora.
Agradecemos á profesora Teresa, responsable de Dinamización Lingüística no noso centro, ternos brindado esta oportunidade.
As alumnas ao comezo da súa interpretación
Alumnos e ex-alumnos do IES Valle Inclán que tamén participaron no acto
OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL CON GABI REBOREDO DA ASOCIACIÓN "TREPIA"
O pasado mes de Abril visitou o noso centro Gabi Reboredo, profesor de danza tradicional na asociación Trepia. Durante dúas sesións o alumnado de 3º da ESO puido coñecer e por en práctica algúns dos elementos coreográficos da Muiñeira.
A actividade estivo coordinada polos departamentos de Música e Dinamización Lingüística e Música.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado 13 de Maio, as alumnas Berta Moldes (3º ESO) e Xulia Teixeira (2ºESO) participaron no acto de celebración de entrega dos...
-
Co gallo da celebración do día de Rosalía, o pasado xoves 23 de Febreiro alumnas de 2º e 3º da ESO compartiron a lectura de poemas da nosa q...