viernes, 26 de mayo de 2023
PARTICIPACIÓN DE BERTA MOLDES E XULIA TEIXEIRA NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS "BEN VEÑAS MAIO" 2023
O pasado 13 de Maio, as alumnas Berta Moldes (3º ESO) e Xulia Teixeira (2ºESO) participaron no acto de celebración de entrega dos premios "Ben veñas Maio" 2023.
As alumnas realizaron unha magnífica interpretación vocal e coreográfica do tema "Cada noite", con texto de Rosalía.
A peza interpretada foi un arranxo sobre a obra do mesmo nome de Maximino Zumalave preparado pola súa profesora.
Agradecemos á profesora Teresa, responsable de Dinamización Lingüística no noso centro, ternos brindado esta oportunidade.
As alumnas ao comezo da súa interpretación
Alumnos e ex-alumnos do IES Valle Inclán que tamén participaron no acto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
O pasado mes de Abril visitou o noso centro Gabi Reboredo, profesor de danza tradicional na asociación Trepia. Durante dúas sesións o ...
-
A última semana do curso tivo lugar a II Edición do Concurso de Recitado en inglés no que participaron un grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.