viernes, 23 de junio de 2023

CONCERTO NA CASA DE MAIORES DE CAMPOLONGO

O pasado 20 de Xuño visitamos a Residencia de Maiores de Campolongo onde o Coro ofreceu un concerto que resultou ser todo un éxito. Agradezo o esforzo de todo o alumnado nestes últimos días. E un agradecemento moi especial para o pianista Guillermo Pérez Valencia e para o guitarrista Lucas Dacuña Ríos.

jueves, 22 de junio de 2023

II EDICIÓN DO CONCURSO DE RECITADO EN INGLÉS

A última semana do curso tivo lugar a II Edición do Concurso de Recitado en inglés no que participaron un grupo de alumnas de 2º e 3º da ESO. Na imaxe as participantes e as profesoras responsables dos departamentos de Inglés e Música.

viernes, 26 de mayo de 2023

PARTICIPACIÓN DE BERTA MOLDES E XULIA TEIXEIRA NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS "BEN VEÑAS MAIO" 2023

O pasado 13 de Maio, as alumnas Berta Moldes (3º ESO) e Xulia Teixeira (2ºESO) participaron no acto de celebración de entrega dos premios "Ben veñas Maio" 2023. As alumnas realizaron unha magnífica interpretación vocal e coreográfica do tema "Cada noite", con texto de Rosalía. A peza interpretada foi un arranxo sobre a obra do mesmo nome de Maximino Zumalave preparado pola súa profesora. Agradecemos á profesora Teresa, responsable de Dinamización Lingüística no noso centro, ternos brindado esta oportunidade.
As alumnas ao comezo da súa interpretación
Alumnos e ex-alumnos do IES Valle Inclán que tamén participaron no acto

OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL CON GABI REBOREDO DA ASOCIACIÓN "TREPIA"

O pasado mes de Abril visitou o noso centro Gabi Reboredo, profesor de danza tradicional na asociación Trepia. Durante dúas sesións o alumnado de 3º da ESO puido coñecer e por en práctica algúns dos elementos coreográficos da Muiñeira. A actividade estivo coordinada polos departamentos de Música e Dinamización Lingüística e Música.

sábado, 25 de febrero de 2023

BAILANDO OS VERSOS DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do día de Rosalía, o pasado xoves 23 de Febreiro alumnas de 2º e 3º da ESO compartiron a lectura de poemas da nosa querida autora con alumnado doutros grupos. Tamén cantaron un dos seus poemas mentres unha das alumnas interpretaba unha fermosa coreografía. Os poemas recitados foron "O moucho" (Cantare Gallegos) e "Cada noite eu chorando pensaba" (Follas Novas). A autora e intérprete da coreografía foi a alumna Xulia Teixeira de 2º ESO.
PARABÉNS A TODAS ELAS polo seu espíritu participativo, o seu compromiso e bo facer.
Imaxes da actividade e do ensaio .

viernes, 23 de diciembre de 2022

CONCERTO DE NADAL

 Tras retomar a actividade interrompida durante a pandemia, a alumnas de coro ofrecéronnos un pequeno concerto no que interpretaron as pezas traballadas ao longo deste primeiro trimestre.

Xa estamos coa vista posta no próximo que seguro será tamén moi enriquecedor.

Moitos parabéns a todos os partipantes: ao pianista Guillermo Pérez, ao percusionista Pablo González ao violinista Venancio, ás alumnas integrantes do coro e aos presentadores .






viernes, 25 de noviembre de 2022

POESÍA "EN FEMININO" PARA O 25-N

 

O pasado 25 de Novembro,  un  grupo de alumnas de 3º ESO-A  agasalláronnos cun recital poético en galego no marco da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia de xénero.

Durante a  preparación da actividade, as alumnas puideron reflexionar sobre a importancia de ter presente esta realidade e de educar en igualdade para ser quen de erradicar esta lacra.

Alén diso, foron partícipes da organización da actividade así coma da elección dos poemas . Os elixidos para esta ocasión foron tres.

O primeiro deles, “Mulleres”,  de Luis García Montero, unha traducción do seu poema “Mujeres” . O autor puido ler o resultado en lingua galega e amosounos o seu agradecemento . Tamén as alumnas participaron desta interlocución co poeta. Estamos polo tanto profundamente agradecidas pola súa afectuosa disposición,

Os seguintes poemas, “Camiñan descalzas polas rochas” de Ana Romaní e “Olas e ondas rendidas e nacendo” de Xohana Torres.

Parabéns para as nosas alumnas, polo compromiso e responsabilidade amosados